Presentamos unha moción contra a supresión da Renda Básica de Emancipación

Publicado o 19 de Febreiro, 2012 por

As Xuventudes Socialistas de Cambados, a través do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello, presentaremos a segunte moción para o seu debate.

CONSOLIDACIÓN E AMPLIACIÓN DA RENDA BÁSICA DE EMANCIPACIÓN PARA A MOCIDADE

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 O Real Decreto 1472/2007, de 2 de novembro, polo que se regula a Renda Básica de Emancipación dos Xóvenes, otorgou a cidadanía xoven o dereito a percibir as seguintes axudas para o pago do aluguer da vivenda:

  • 210 euros mensuais para o pago do aluguer da súa vivenda habitual durante un máximo de catro anos.
  • 600 euros de préstamo que se pode utilizar para a fianza.
  • Si se necesita aval, 120 euros para os gastos da súa tramitación.

No tempo transcorrido dende a entrada en vigor de esta axuda os xoves, case 300.000 de eles xa a percibiron, o que ocasionou, no so un repunte no mercado de aluguer como medio de acceso a unha vivenda (e no caso dos xoves a unha primeira vivenda) e a unha forma de emancipación do fogar paterno, senón notables beneficios fiscais para las arcas públicas o aflorar datos para las Administracións de inmobles cuxos propietarios non declaraban, non so a efectos patrimoniais, senón polas rendas que percibían por arrendar os mesmos.

En suma, a Renda Básica de Emancipación configurouse como unha prestación social no so extendida entre a poboación xoven do noso país, sinon como un importante instrumento de dinamización da economía xoven e do mercado de aluguer, e de equiparación económica entre os mozos e mozas, o tempo que un elemento de clarificación fiscal sobre las vivendas en aluguer e as rentas que xeran, o que, na actual situación económica, contribúe a unha maior xustiza fiscal no gravamen sobre as rentas do patrimonio inmobiliario.

O Consello de Ministros, na súa reunión do pasado día 30 de decembro de 2011, acordou a “non renovación da Renda de Emancipación, mantendo a cobertura actual”.

Isoo implica que ningún xoven poderá acceder a mesma se non a percibía con anterioridade e que, en termos prácticos, a RBE vaia desaparecendo paulatinamente, con efectos negativos, no so para o mercado de aluguer de vivenda senón para o acceso dos xoves a súa emancipación e para a actualización de datos fiscais relacionados cos rendementos polo arrendamento de vivendas.

Xuventudes Socialistas de Cambados considera que son máis os beneficios obtidos polo  mantemento da RBE (no só para os mozos senón para os ingresos fiscais) que o aforro presupostario que se puidera derivar da súa progresiva redución, sin contar cos perxuicios á mocidade perceptoras non só da nosa Comunidade senón do conxunto do Estado.

Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Cambados presenta ante o Pleno Municipal a seguinte Moción para a aprobación dos seguintes acordos:

 1.- Instar o Consello de Ministros a revocar a súa medida do pasado día 30 e manter a Renta Básica de Emancipación nos parámetros que coñecíamos hasta ese día.

2.- Instar o Consello de Ministros a tomar as medidas oportunas para a consolidación e ampliación da RBE, así como a propoñer a partida presupostaria suficiente para garantir un maior alcance entre os xoves da RBE.

3.- Propoñer o Goberno de España a renovación do convenio que ten suscrito coa nosa Comunidade Autónoma para a xestión da RBE.

 

Responder